César Vázquez González


César Vázquez González

Biografía

Nacín en Ourense no ano 1978 e despois de rematar os meus estudos de formación profesional entrei no mundo laboral con 18 anos. Fun encadeando diversos traballos, case sempre precarios, ata que no ano 2015 decidín montar a miña propia empresa, adicada a venda e o aluguer de pequenos vehículos eléctricos, xa que sempre me interesou a conservación do Medio Ambiente e era una forma de poder contribuír a non contaminar a nosa cidade. A tenda física non saíu ben pero na actualidade sigo como autónomo vendendo por internet estes aparellos e ao mesmo tempo, aproveitando o tempo libre que deixa a páxina web, estou cursando na Facultade de Ciencias de Ourense o segundo curso do Grao en Ciencias Ambientais.


Motivación

Sempre me interesou a política, considero que é a ferramenta que temos para poder cambiar as vidas da xente e é a que designa se os nosos cartos se van gastar en unhas cousas ou outras, e dicir, se se gastan en rescatar empresas privadas como Bancos, Construtoras, etc. ou si eses cartos se gastan en rescatar as persoas, e non deixalas tiradas, sen vivenda sen protección, sen un futuro, etc.

Fun simpatizante de algún partido político de esquerdas dende que teño uso de razón pero nunca militei activamente en ningún, ata que ocorreu o 15M, foi o revulsivo que nos deu a moitas persoas do común os folgos suficientes para achegarnos a algún partido político e traballar para cambiar as cousas. Foi cando entendín que a política ou a fas ou cha fan e teño claro que os partidos tradicionais non teñen interese ningún en facer unha política que nos beneficie aos cidadáns, polo que é a hora de que xente do común consigamos cambialas cousas e pensar máis no que nos beneficia como sociedade que en beneficiar as eléctricas, banca e demais axentes de poder.

Dentro da política tamén me gustaría poder defender o Medio ambiente, poder vivir nunha cidade con menos contaminación, máis peonalizada, con unha boa rede de transporte urbano. En definitiva, facer unha cidade máis amable para o peón e totalmente accesible, por que hai rúas por onde non poden pasar as persoas con mobilidade reducida xa que as cadeiras de rodas non poden sortear os rebaixes insuficientes nas beirarrúas ou inexistentes.