Óscar Lomba Álvarez


Óscar Lomba Álvarez

Biografía

Nacín hai 51 anos no barrio obreiro de Lavadores en Vigo. A miña nai é filla de campesiños de Ventosela e o meu pai fillo de mariñeiros asentados na Garda. Quedei orfo de pai e tiven que compatibilizar traballo e estudo. Son licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio. Tamén son activista social e estiven vencellado a diversos colectivos e asociacións. Fun membro do consello reitor e vicepresidente da Cooperativa Árbore, asesor xurídico da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) e voceiro de SOS PXOM, entre outros. Actualmente son membro do Observatorio para a defensa dos dereitos e libertades (ESCULCA) e socio-fundador do Ateneo Atlántico. Tamén formo parte da Comisión de Garantías Democráticas de PODEMOS GALICIA.

Colaborei e publiquei artigos de opinión nos seguintes medios: Diario 16 de Galicia, A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Trabe de Ouro, Tempos Novos, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, El Correo Gallego, A Peneira, Galicia Confidencial, Praza Pública e Sermos Galiza.

Actualmente traballo, como persoal estatutario fixo, no Servizo Galego de Saúde.

PÁXINA WEB: http://oscarlomba.com/

REDES SOCIAIS:

FACEBOOK: https://es-la.facebook.com/lombaalvarez

TWITTER: https://twitter.com/oscarlomba

INSTAGRAM: https://www.instagram.com/oscarlombaalvarez/

TELEGRAM: https://t.me/canaloscarlomba


Motivación

A miña historia persoal é tamén a dun fillo de emigrantes, pois os meus pais marcharon a Venezuela moi novos. Cando o meu pai morreu en accidente de automóbil, sendo eu aínda un cativo de 6 anos, regresamos definitivamente a Vigo. Agora non desexo que a miña veciñanza e amizades teñan que emigrar. Non me gustaría vivir nunha cidade sen emprego, sen oportunidades nin futuro. Por iso milito en PODEMOS e preséntome como candidato ás primarias municipais en Vigo.