Victoria Álvarez Docabo


Victoria Álvarez Docabo

Biografía

Boas! Nacín hai 28 anos en Ourense. Dende moi nova estiven participando en asociacións culturais, centradas sobretodo no desenvolvemento teatral ourensán. Traballei con diferentes asociacións que se esforzan día tras día en dignificar e empoderar a persoas que están en risco de exclusión social. Compaxinaba esto cos estudos e con traballos temporáis e precarios. Especialiceime como técnica en atención a persoas en situación de dependencia e actualmente, estou rematando o ciclo superior de animación sociocultural e turística. No mundo político empecei a raíz do 15 M, onde sentín que era o momento de ser parte activa do cambio, de traballar para que a dignidade chegase ás ruas e ás institucións. Milito activamente no círculo de Podemos Ourense, onde cas miñas compañeiras estamos tentando crear pontes que nos leven a crear un Ourense vivo, de todas e para todas. Actualmente tamén levo a área de violencia machista de Podemos Galicia.


Motivación

Estou convencida que do que temos que partir sempre é de “un pé na rúa e un pé nas institucións”. Estar ca xente que nos necesita, cas veciñas que non son escoitadas e que requiren do noso esforzo e traballo para continuar. Non quero seguir sendo espectadora, quero xunto cas miñas compañeiras, establecer a ruta dun Ourense de todas e para todas. Ourense precisa de todas nós, precisa feminismo, precisa comunidade política, precisa políticas reais que sexan para e da cidadanía e eu quero tecer, traballar e construír esa comunidade. Unha Ourense digna precisa do noso traballo conxunto precisa da intelixencia colectiva e de escoita activa. Este é o momento de facer que Ourense volva a ser unha cidade repleta de cultura, digna en recursos e sen que exclúa a ninguén.