Ames Contigo

Dar continuidade ao traballo de goberno desenvolvido no Concello de Ames nos últimos 3 anos e medio. Seguir apostando por un Concello Aberto, Transparente e Participativo. Continuar co desenvolvemento das políticas iniciadas neste mandato e desenvolver entre outros os seguintes proxectos:
 Municipalización do servizo de recadación para que sexa persoal municipal o que leve a xestión tributaria do Concello conseguindo así apostar polo emprego público e un control e liberdade de actuación sobre o servizo para poder esta-blecer un novo calendario tributario, bonificacións fiscais, etc.
 Continuar coa revisión taxas municipais, impostos e prezos públicos establecendo unha fiscalidade progresiva e equitativa onde as rendas máis altas contribúan máis ao financiamento dos servizos.
 Revisión e ampliación dos servizos de conciliación (comedor escolar, escolas deportivas, actividades culturais, Tardes divertidas, Bos días cole, Programas lúdicos, etc.) establecendo taxas en función dunha progresividade ligada a renda aumentado os tramos existentes.
 Dinamización do pequeno comercio a través de subvencións a pequenos empresarios e autónomos con sede social no noso Concello.
 Políticas de colaboración e axudas para os centros educativos.
 Municipalización dos servizos básicos : abastecemento, saneamento, depu-ración, recollida de lixo, limpeza viaria, etc. estudando as fórmulas para que poidan ser xestionados polo Concello, entre as que se inclúe a posibilidade de subrogar como persoal municipal aquelas persoas que xa estexan a prestar este servizo.
 Continuar ampliando a iniciativa de Orzamentos Participativos e as fórmulas de participación a outras áreas e espazos dentro do Concello, Cultura, Deportes, Muller…
 Ampliar a Aplicación de Orzamentos Abertos coa fin de afondar na Transparencia das Contas e proporcionar máis información económica que sexa fácilmente comprensible e accesible para a veciñanza.
 Educar en Igualdade. Continuar desenvolvendo programas de Igualdade en colaboración cos centros educativos e no Concello a través das Xornadas de Igualdade, charlas, conferencias….
 Vivenda Social e axuda e apoio familiar para mulleres vítimas por violencia machista. Desde o Concello puxemos en marcha unha vivenda social de tránsito para situacións de emerxencia e para mulleres en risco de exclusión e mulleres vítimas de violencia machista e queremos seguir traballando neste tipo de iniciativas.
 Ampliar a dotación asignada a Renda Social Municipal e as Axudas de Emerxencia. Desde o goberno implantamos no 2017 a Renda Social Municipal aprobando unha nova ordenanza de renda e axudas de emerxencia. Propoñemos axilizar os procedementos de concesión e ampliar a dotación para dar resposta ás necesidades que puderan xurdir no Concello. É unha prioridade establecer medidas de xustiza social, axuda e apoio aos colectivos máis desfavorecidos. Continuar co desenvolvemento da EDUSI, a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible….

Candidatura a la alcaldía de Ames


Candidaturas al cuerpo de la lista de Ames


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies