Candidaturas para el Ayuntamiento de Ourense
A continuación encontrarás el listado de las candidaturas que hemos recibido. El orden en el que aparecen las candidaturas es aleatorio y cambia periódicamente.
Puedes enviar subsanaciones al correo electrónico subsanacionesmunicipales2019@podemos.info.
Revivir Ourense
Benquerida compañeira, benquerido compañeiro:
No vindeiro mes de maio celebraranse eleccións para escoller representantes en diversas institucións. entre elas, os concellos.
Non é necesario que che expliquemos a importancia que para Podemos ten obter unha boa representación nos devanditos comicios, xa que a institución local é a máis próxima á cidadanía, o que comporta, por unha banda, que as veciñas e veciños están máis preto do centro de toma de decisións, e por outro, unha maior facilidade para o nepotismo.
Podemos ten que ser un actor fundamental no cambio radical que precisa Ourense, unha cidade na que rixe o caos máis absoluto, envellecida pola falla de oportunidades para as mozas e os mozos, que se ven obrigadas á marchar. Un Concello sen orzamentos, con servizos básicos en precario (Policía Local, Bombeiros), con retrasos históricos no pago de facturas á provedores, aprobando ao límite continuas modificacións de crédito cando fracasa a política, con servizos externalizados que non funcionan, vivindo de costas ás necesidades da cidadanía máis desfavorecida, sepultando as actividades culturáis.Un goberno municipal, en definitiva, que vive do postureo, dos selfies e de facer oposición á oposición e no que as necesidades das veciñas, quedan relegadas a un segundo plano en lugar de ser o centro das políticas e sobretodo o altofalante da nosa cidade.
Podemos é participación. O teu apoio é fundamental para engadir ao noso municipio ás cidades do cambio como Barcelona, Madrid, Cádiz, ou Compostela, A Coruña ou Ferrol no noso país, que levan 3 anos demostrando que outro xeito de facer política é posible.
Dende a candidatura revivir Ourense queremos contar contigo para deseñar e confeccionar unha folla de ruta para unha cidade que pense na diversidade, feminista e inclusiva, unha cidade que pense no benestar e nas necesidades das persoas, é sacar o clientelismo e o caciquismo da ecuación da cidade que todas e todos queremos.
Agardando que decidas axudarnos a construír unha cidade máis xusta, culta e solidaria, recibe unha aperta fraternal.