Podemos Compostela Suma

Catro anos despois de inciado o cambio na nosa cidade precisamos, máis que nunca, todas as mans traballando xuntas para seguir demostrando que si, podemos. Podemos ter un goberno para a maioría social, podemos facer políticas que prioricen o benestar, o común, a vida. Podemos seguir mudando esta cidade.
Dende sitios diferentes, pero cun desexo común, traballar para que Compostela sexa a cidade das máis, unha cidade aberta, orgullosa, ilusionada, que non deixe a ninguén atrás. Unha cidade de futuro, para todas.

Candidatura a la alcaldía de Santiago de Compostela


Candidaturas al cuerpo de la lista de Santiago de Compostela


 Candidaturas no agrupadas para el Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Candidaturas al cuerpo de la lista de Santiago de Compostela


 Entra PODEMOS!

Entra PODEMOS! un EQUIPO que naceu, vive, estuda ou traballa en Compostela. Traballadoras por conta allea, autónomas, paradas, pensionistas, funcionarias, coidadoras e estudantes. Coñecemos e queremos a nosa cidade.

Compostela hoxe está indiscutiblemente mellor que fai catro anos, mellor en transparencia, estabilidade institucional, respecto aos dereitos civís e liberdades da cidadanía. Somos unha cidade máis ética e plural. Demostramos que as forzas do cambio poden gobernar dun xeito diferente.
Agora, ante a proximidade das eleccións municipais toca reforzar os espazos de participación e de representación das ferramentas do Cambio. Un Cambio que non pode entenderse sen Podemos, como garante de POLÍTICAS PARA AS MAIORÍAS, transparencia, renovación e intelixencia colectiva. Podemos ten no seu ADN un compromiso radicalmente democrático e participativo; e por iso é fundamental a presencia de persoas que representan á sensibilidade morada dentro do Goberno do Cambio. Entra PODEMOS! propón unha lista encabezada por María Pazos Pata, diversa, feminista e con vocación de poñer voz, ollos e mans á sensibilidade morada; consultando e rendindo as contas que sexan necesarias.

Temos por diante unha gran responsabilidade. Construír un proxecto de cidade que teña por eixo vertebrador o cumprimento do artigo 25 da Declaración Universal de DDHH.

Apostamos por unha cidade comprometida coa educación, coa formación e o emprego, unha cidade de FUTURO, que aposte pola I+D+i como motor dun emprego estable e de calidade. Unha cidade da que os mozos e mozas non teñan que emigrar.

Compostela ten que poñer en valor o seu acervo cultural, a paixón polas artes e a mestizaxe que a caracteriza, para que o modelo cultural e turístico non sexa una fórmula de expolio senón un modelo de enriquecemento mutuo.

En Podemos sabemos que a DIGNIDADE da nosa cidade está nos seus SERVIZOS PÚBLICOS e na súa capacidade de COIDAR O COMÚN. O coidado da familia, de todos os tipos de familia, o coidado das persoas dependentes, o coidado dos nosos maiores, é unha tarefa fundamental e que temos a capacidade de levar a cabo desde o concello.

Fronte o modelo de uberización, autónomos e pequena empresa teñen que ser parte fundamental da reactivación económica da cidade xa que dan traballo a unha gran parte da poboación, promoven a produción de cercanía, e crean un modelo de cidade humana e sostible.

Impulsar Compostela, entre todas.

Si Se Pode! Entra PODEMOS!

Candidatura a la alcaldía de Santiago de Compostela


Candidaturas al cuerpo de la lista de Santiago de Compostela


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies