Candidaturas para el Ayuntamiento de Vigo
A continuación encontrarás el listado de las candidaturas que hemos recibido. El orden en el que aparecen las candidaturas es aleatorio y cambia periódicamente.
Puedes enviar subsanaciones al correo electrónico subsanacionesmunicipales2019@podemos.info.
Vigo Pode
Chegamos para mudalo todo. Podemos naceu do impulso impugnador do 15 M para transformar esa indignación nun cambio real. Vigo precisa participar dese cambio, por eso queremos axudar a impulsar un proxecto de transformación con políticas que vaian á raíz dos problemas. Porque cremos nunha cidade democrática e transparente, onde a participación cidadá prime sobre os espectáculos presidencialistas. Porque cremos noutro modelo urbanístico, onde as necesidades das persoas e o medio ambiente estean por enriba dos beneficios dunha minoría. Porque defendemos unha cidade social que non deixe a ninguén atrás, na cal os bens públicos estean ao servizo das maiorías sociais. Porque apoiamos unha cidade na que os barrios, os movementos, as asociacións, sexan os protagonistas. Porque apostamos por unha cidade construída en plural, non en singular. Xuntas e diversas, podemos recuperar esta cidade para as que a construíron co seu traballo. As persoas desta lista queremos loitar por este futuro e facelo en común. Porque Vigo Pode.