Máis Podemos, Máis Vila

No 2015, Podemos soubo ver que gañar as vilas era un paso previo para gañar o país, e que para elo era importante promover espazos de encontro vertebrados por un impulso común: cidadá, feminista e municipalista.
Partindo desa premisa, a da primavera municipalista que no 2015 acadou os máis importantes concellos do país, é que presentamos a nosa candidatura “Máis Podemos, Máis Vila”, coa idea de que a primavera municipalista chegue tamén a Vilagarcía.
Aquí estamos 21 persoas dispostas a traballar polo cambio na nosa vila. Apostando polos espazos de encontro, por conformar alianzas fraternas coas distintas culturas políticas.
Debemos involucrar ás persoas que levan anos traballando nas asociacións, dende os barrios ás parroquias. Os colectivos que fan vila. Toca construír en común a ferramenta que derive o seu traballo ás institucións e que faga que o concello sexa por fin a institución das persoas.
O ano pasado as rúas tinguíronse dun violeta intenso. En Vilagarcía vivimos unha presenza e forza indiscutible e histórica do movemento feminista. Debemos acompañar tamén ao movemento feminista dende os concellos, que o municipalismo participe tamén das alianzas feministas que nos levarán a acadar unha sociedade máis xusta, libre e diversa.
Precisamos dun proxecto coral para afrontar o reto municipal deste ano en Vilagarcía. Feminista, en colectivo, apostando polo cambio, poñendo ás persoas no centro.
Máis Podemos Máis Vila!

Candidatura a la alcaldía de Vilagarcía de Arousa


Candidaturas al cuerpo de la lista de Vilagarcía de Arousa


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies